Get Smart en Cineuropa.

Cineuropa celebra neste 2012 a súa 26ª edición do 8 ao 30 de novembro con proxeccións en distintas salas, concertos e actividades complementarias. Nesta edición Cineuropa premia ao cineasta portugués Pedro Costa e á actriz e cantante Najwa Nimri. Neste espazo web podedes ver toda a programación:


O sábado17 de novembro, no Teatro Principal ás 16:00h., proxectase, dentro do ciclo Cult Movies, Get Smart; serie estadounidense creada por Mel Brooks e Buck Henry.

O artista Jack Davis creou este cartace promocional para NBC da serie orixinal en 1966.
Famosa serie para a televisión que emitiuse entre os anos 1965 e 1970, cinco tempadas cun total de 138 episodios de 30 minutos de duración.

SINOPSE:
É unha parodia das películas de James Bond. O superaxente 86 é Maxwell Smart, un chafalleiro axente secreto que debe cumprir misións moi perigosas coa axuda da súa inseparable compañeira, a axente 99.

FICHA ARTÍSTICA:
Don Adams (Maxwell Smart)
Barbara Feldon (Axente 99)
Edward Plat (Xefe)
Robert Karvelas (Larabee)

FICHA TÉCNICA:
Creadores e dirección: Mel Brooks e Buck Henry
Guión: varios autores
Música: Irving Szathmary
Fotografía: Merdith M. Nicholson, Robert Wyckoff
Productora: emitida polas canles NBC e CBS

Comentarios