Imperial Stormtroopers 25/05/2013.

A concelleira "detida" polas tropas de asalto por mor dos recortes do PP.
Reyes Leis, concelleira de Turismo do Concello de Santiago de Compostela, recibíu no Pazo de Raxoi ó coordinador da segunda edición do Imperial Stormtroopers, Andrés Fernández; e o presidente da Tropa Korriban (Asociación de Fans de Star Wars de Galicia), Manuel Ángel Gayoso, por mor de presentar a celebración do 30 aniversario da estrea da película O Retorno do Jedi.

A cidade de Santiago, baixo o mando de Darth Vader, será tomada polos soldados de asalto do Imperio o 25 de maio do 2013. Os membros da Tropa Korriban e de outros colectivos de fans tanto nacionais coma internacionais, circularán polas rúas do Casco Histórico de Compostela caracterizados como os personaxes dos filmes.
A Tropa Korriban celebrará por segunda vez un desfile. O primeiro foi no 2010 e contou con 800 participantes e logrou atraer a máis de 20.000 visitantes.
Imaxe do evento de 2010 na Praza do Obradoiro.
Para máis información e para tóda-las persoas que desexen participar pódense poñer en contacto coa Tropa Korriban a través da súa páxina:
Un dos cartaces promocinais da anterior edición.
Dende aquí, Los archivos de Strangways, ofrecemos toda a nosa colaboración.

Comentarios